Opinión

Rastrexadores

[X.M.PIñeiro] 

É como se fose un secreto de Estado, ou máis ben da autonomía: o número de rastrexadores que ten Galiza para facer fronte aos surtos e repuntes do coronavirus, con varios focos en diferentes puntos do país e centos de casos activos. 

A Xunta non facilita dados, máis alá daquela cifra de 6.000 que deu no seu día Núñez Feixoo e que inclúe o persoal de Atención Primaria, Preventiva e do ámbito técnico. Un número que situaría Galiza á cabeza da listaxe mundial de rastrexadores por número de habitantes.

Porén, cando se preguntan por dados concretos de cantos efectivamente ‘rastrexan’ a Administración non responde. O que se sabe é que en maio botou a andar un operativo con 50 teleoperadores e teleoperadoras para facer tarefas e labores de ‘rastrexo’. Un número moi diferente de 6.000.

Expertos dirimen sobre a cifra exacta necesaria de rastreadores por cada 100.00 habitantes, se ben hai coincidencia en que esta sería entre 18 e 20. A opacidade da Xunta non permite saber se Galiza ten rastrexadores abondo para facer fronte a un escenario que, todo apunta, vai empeorar

Comentarios