luns 08/03/21

Quen paga o bacharelato de Leonor?

[Xoán Costa]

Fálase estes días da estadía da princesa de Asturias no UWC Atlantic College, o centro que seica promove a educación libre e cosmopolita e o entendemento entre nacións a través do ensino. Todo pola módica cantidade de 76.000 euros. Ponse o debate en se é adecuado ou non que a persoa marcada para ocupar a xefía do Estado estude fóra das fronteiras do reino. Saliéntase a idea de que resolver sobre a educación de fillas e fillos é unha decisión familiar que Zarzuela toma como calquera outra familia real, que non rexia.

E como proba final, adúcese que será con diñeiro propio que se custeará o colexio. E esta é, precisamente, a cuestión. Ten a Casa Real outros ingresos que os 8.431.150 euros consignados no orzamento xeral do estado para 2021? Porque se non os ten é evidente que a educación de Leonor se custea con diñeiro público. E se os ten, están suficientemente aclarados e diferenciados dos que proceden do Estado? Mentres isto non se esclareza, seguirei pensando que eu tamén custeo unha parte dos estudos da princesa. Agardo que, polo menos, a moza Leonor aprenda o concepto de nación.

comentarios