Opinión

Quen manda aquí?

[Xesús M. Piñeiro]

A Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza, nome da entidade público-privada encargada de impulsar proxectos cos fondos Next Generation, non despexa ningunha das dúbidas que pairan sobre a mesma. 

Que catro dos seus nove postos do consello de administración serán para directivos de Abanca e Reganosa non axuda disipar precisamente as críticas e acusacións de que a Xunta entregou"o mando dos fondos Next Generation á grande empresa especulativa e contaminante", como denuncia a Coordinadora galega por un reparto xusto. 

Na súa comparecencia no Parlamento para dar conta desta sociedade, o responsábel do Igape non deu resposta ás principais cuestións que se lle poñían riba da mesa: por que a aposta do Goberno galego por “privatizar” a xestión dos fondos Next Generation, por que se elixiu como socios a Abanca, Reganosa e Sogama; e cara a que modelo económico quere ir a Xunta da cabalo deses fondos. Se houbo opacidade da Xunta a respecto da escolla dos proxectos privados para a Next Generation, a opacidade mantense sobre como se van xestionar eses fondos e para que.

Comentarios