Opinión

Que pague quen?

[Xesús M. Piñeiro]

A Audiencia Provincial da Coruña resolveu o recurso dos Franco e confirmou que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado. Condena os herdeiros do ditador a deixar o inmóbel e abre a porta a que a familia Franco sexa resarcida polos gastos de conservación do edificio desde 1975.

Que a familia do ditador poida acabar cobrando diñeiro procedente de todos e todas pola conservación dun inmóbel froito do espolio e do que se beneficiou durante décadas con total dispoñibilidade e impunidade non deixa de ser, cando menos, sorprendente. 

Ademais, esta resolución chega no día en que o historiador Carlos Babío tivo que volver ao xulgado e unha vez máis a causa dunha demanda da familia Franco. Os familiares do ex ditador semella que envorcan sobre un dos rostros máis coñecidos na loita popular pola recuperación do Pazo de Meirás a súa frustración ante a fin deste ‘espolio’. Unha fin, porén, na que eles acabarán cobrando e outra, a cidadadnía galega, pagando.

Comentarios