Opinión

Que normalidade?

[Xesús M. Piñeiro]

Camiñamos cara a iso que desde o Goberno estatal se deu en chamar “nova normalidade” - un concepto que nun abrir e fechar de ollos xa se instalou entre nós - coas facturas aínda pendentes da antiga. Entre elas, a da xestión privada ou ‘público-privada’ que ao longo destes anos aniñou e estendeuse nos servizos públicos. A crise sanitaria da pandemia da COVID-19 tivo un dos seus rostros máis duros nas residencias de maiores, exemplo deses modelos de xestión.

Familiares de usuarias veñen de interpoñer unha denuncia contra xestores de residencias privadas por delitos tan graves como “abandono de persoas incapaces”, “omisión de socorro”, “neglixencia” ou “homicidio por imprudencia profesional grave”. Ao tempo, as mobilizacións e concentracións de persoal dos centros de Política Social e de familiares de residentes lémbrannos que esa ‘nova normalidade’ non pode continuar a transcorrer sobre as vías que construíron unha década de Gobernos de Núñez Feixoo (e no total case un cuarto de século de Gobernos da dereita na Xunta).

Porque de ser así, non poderemos falar nin de “nova” nin de “normalidade”.

Comentarios