Opinión

Privada

[X.M.Piñeiro]

A universidade privada está cada vez máis cerca de ser unha realidade na Galiza da man de Abanca. O proxecto pasou o trámite do informe favorábel do Ministerio de Universidades e agora volve ao Parlamento galego, ondea maioría absoluta da que goza o PP garante que a tramitación da Lei desembocará sen dúbida na autorización definitiva do proxecto impulsado pola entidade bancaria. 

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública lembra que o sistema universitario galego (SUG) ten unha “ampla oferta académica” e que responde á demanda existente Os reitores das tres universidades galegas rexeitan a implantación dunha universidade privada: "A oferta privada nin mellora nin complementa a pública”, aclararon no seu día.

Nas últimas décadas foron instalándose por todo o Estado universidades privadas impulsadas por diferentes empresas, entidades financeiras e compañías.  O Goberno galego apúntase agora a poner a “alfombra vermella” para un proxecto que, advirten desde o ensino público, “entra a romper o sistema público”.

Comentarios