Opinión

Presidente Oráculo

]Xoán Costa]


Diferentes culturas utilizaron o Oráculo para obteren respostas a cuestións persoais ou sociais e, en función desas respostas, diversos gobernantes tomaron decisións que, moitas veces, remataron en traxedia. O termo Oráculo tamén se usa para designar o intermediario humano que transmite a resposta da divindade.
Moito teñen de arte divinatoria as comparecencias do presidente Feixoo. A derradeira sobre o Sergas do futuro, sobre o futuro do Sergas: máis teleasistencia, máis consulta telefónica nun país en que aínda están operativos un bon número de telefones TRAC e onde, como se acaba de comprobar coa aplicación do teletraballo no ensino, unha boa parte da poboación, mesmo urbana, non ten acceso a internet. E neste contexto, en vez de abordar os problemas presentes e actuais do sistema sanitario galego o presidente consulta o Oráculo e pronuncia as palabras máxicas: telemedicina, teleasistencia. O que non di o Oráculo é que iso supón máis privatización, pois privadas son as compañías de telefonía en que se vai asentar ese servizo.

Comentarios