Opinión

Preguntas a Rueda

[María Obelleiro]

O Consello da Xunta aprobará hoxe o inicio da tramitación dunha lei para crear unha empresa mixta de capital público-privado coa que participar e promover proxectos de enerxía renovábel. Son moitas as preguntas que pairan logo desta emenda de totalidade á política enerxética dun PP que volveu ao Goberno galego tras boicotear o concurso eólico do Goberno bipartito, aquel que promovía a participación pública nos beneficios das empresas. Resulta, cando menos, curioso que chegue á conclusión, 14 anos despois, de que estamos ante un espolio.

As primeiras dúbidas xorden en relación á fórmula. A que se refire con "colaboración público-privada"? Quen van ser os socios da Xunta da Galiza? Van elixilos a dedo ou por concorrencia competitiva? Van facer parte da empresa máis Administracións? De ser así, en que porcentaxe? Imos pagar as galegas e galegos a luz máis barata? Tamén sería necesario saber por que agora, se a eólica mariña é competencia do Estado e non da Galiza. Se Rueda era consciente de que os beneficios ían para as eléctricas e os prexuízos para nós, por que permitiu que se expatriase tanto diñeiro estes anos? E por que de finais de 2022 a inicios de 2023 o seu Goberno autorizou 2.100 MW -o total de MW instalados, en 2021, era de 3.900- que fican xa á marxe da participación pública?

Comentarios