Opinión

Pobreza

[María Obelleiro]

Vinte puntos porcentuais é o que se incrementou a respecto do pasado ano o número de fogares galegos que chegan con dificultade ou con moita dificultade a final de mes. Fogares que xa son máis da metade, un total de 54%. Trátase dun dato tremendamente preocupante que se verá agravado nos próximos meses ante a previsión de recortes impostos por Bruxelas a cambio das axudas pos COVID-19 ao Estado español.

O Banco de España xa fixo o seu aviso a navegantes esta mesma semana, cando advertiu da necesidade de subir o IVE, un imposto regresivo que non diferenza a riqueza das persoas. Unha medida que se sumaría aos recortes sociais que xa propuxera un mes antes. Diante deste contexto e perante a inacción da Xunta ao respecto, o Goberno que saia das eleccións galegas ten por diante chegar a un grande acordo para a reconstrución social e económica da Galiza, cuxa meta debe ser o rescate das persoas. Fronte os recortes e ás axudas á banca, cómpre apostar nos servizos públicos e no benestar social.

Comentarios