Opinión

Picafollas

[Xoán Costa]

Volveron as regatas e as velas a Sanxenxo... Así comezan os 25 minutos que a CRTVG dedica a gabar a figura do emérito, nunha emisión que ten máis de reportaxe publicitaria do que de documental. Iso si, acabamos sabendo que un dos cuartos en que durmiu durante varios anos alá nos comezos do século XXI se chamaba "picafollas". Si, como ese paxariño insectívoro tan común na Galiza e tan visíbel no verán, coas partes superiores do corpo en tons verdosos e as inferiores e a face amareladas. Aí tivo o seu niño o emérito.

Eis todo o interese informativo desta emisión da TVG, a dos venres negros, a que acumula nos derradeiros 20 anos máis de catrocentas sentenzas por vulneración de dereitos fundamentais ou laborais, a que exclúe Nós Diario das revistas de prensa, a que elimina ou non considera calquera programe que ofreza unha visión minimamente crítica coa realidade galega, a presume de ser un medio público, e é por financiamento, mais actúa exclusivamente en función de intereses ideolóxicos.

Merecemos outra cousa, non cren?

Comentarios