Opinión

Pesca e eólicos

A Comisión de Pesca do Parlamento europeo advertiu, a través dun informe, dos efectos negativos sobre a actividade pesqueira das infraestruturas que producen enerxía eólica no mar. O documento pon o foco na costa atlántica e nos pequenos caladoiros, onde traballa o 80% da frota comunitaria. Pon de manifesto que non só se deterioraría fisicamente a conca mariña, senón que os infrasóns das pas poderían espantar os peixes.

Chama a atención que, á vista do boom de proxectos eólicos, o Goberno galego non defenda de maneira decidida un dos sectores produtivos máis importantes. Un sector que, ademais, ten sufrido numerosos recortes. Ademais, resulta difícil de entender que a Galiza siga sen ser considerada unha nación altamente dependente da pesca. O mar está unido, a través de diferentes colectivos, contra os efectos da enerxía eólica mariña. Agora falta que o Executivo galego e o español atendan as súas reclamacións contra un novo espolio

Comentarios