Opinión

"Pertinaz sequía"

[Xoán Costa]

Aseca esténdese por toda a xeografía europea. Do Danubio ao Miño a chuva non chega e a auga escasea. As autoridades cualifícana como a peor da historia mentres as estatísticas nos indican que non se produce unha situación similar desde que Franco inauguraba pantanos e entregaba os ríos a Barrié, que Meirás ben vale un encoro.

Mais na política de xestión da auga pouco hai de diferente desde o franquismo. É verdade que agora xa non se sacan os santos en procesión para pedirlles axuda, non tanto por vivermos nun Estado máis laico como por pertencermos a unha sociedade na que nen os santos se “mollan” por nada. 

A “pertinaz sequía” foi o argumento do réxime para entregar as bacías hídricas ás empresas eléctricas. O argumento de hoxe é “a mudanza climática” mais tanto o de antes como o de agora presentados como se as decisión en materia de organización do territorio nada tiveren a ver co que está a suceder.

E mentres, o que é un ben público como a auga, segue en mans de concesións a empresas privadas que incrementan o seu patrimonio secando os nosos mananciais.

Comentarios