Opinión

Pertinaz sequía

[Xoán Costa]

Di a conselleira Vázquez que Belesar xa non é un encoro, que as dúas mil hectáreas anegadas pola maior presa do Miño xa son só iso, Miño e máis nada. A presa, inaugurada por Franco o dez de setembro de 1963, sendo Barrié Conde de Fenosa “pola súa xenerosidade impregnada de sentimento cristián” viña, segundo discurseou Barrié no acto de inauguración, para acabar cos cortes de luz na Galiza.

E agora, quéixase a conselleira Vázquez, Belesar está baleiro, non pola pertinaz sequía que acompañaba os discursos de Franco senón porque –di- o presidente do organismo de xestión da bacía Miño-Sil non exerceu as súas responsabilidades. Ignoro se houbo ou non deixación de responsabilidades por parte do señor Quiroga mais o que si é certo é que o goberno presidido polo señor Feixoo -e do que Vázquez é conselleira-  non asume as súas ao non reclamar, por ter caducado, a reversión de ningunha central hidráulica ao dominio público, malia os evidentes beneficios económicos e sociais para o conxunto da sociedade.

Comentarios