xoves 13/08/20

Pensións dignas

S egundo os últimos datos, referidos a 2018, as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado. Máis da metade non superan os 706,6 euros. Unha situación que se agrava no caso das mulleres, pois a contía media dunha pensionista galega é case 300 euros menos que a dos homes. Nesa mesma liña, das galegas coas pensións máis baixas, máis de 60% son mulleres.

O incremento aprobado no primeiro Consello de Ministros do Goberno estatal, de 0,9%, resulta un acordo insuficiente para que as persoas xubiladas de hoxe e as que o sexan mañá poidan vivir con dignidade. Cómpre derrogar as reformas de 2011 e 2013, de PSOE e PP, que contemplaban, entre outras medidas, o atraso da idade de xubilación, o aumento do período para o seu cálculo, o recorte das contías e o coñecido como factor de sustentabilidade, polo cal, a máis esperanza de vida, menores pensións recibiremos. Cómpre tamén ter favorecer a creación de emprego estábel e con salarios xustos para garantir o futuro do sistema.

comentarios