Opinión

Parábola do Titanic

[Xoán Costa]

Sempre me cativou a leitura das parábolas bíblicas, ou das versións que ao longo da historia da literatura se teñen feito delas. E sempre me pareceu que a presente restauración borbónica española tiña un grande parecido co afundimento do Titanic no que, coinciden os entendidos, tiveron máis a ver as deficiencias construtivas e estruturais do que o impacto co bloco de xeo. 

Infrutuosos foron os sucesivos intentos de traer á superficie primeiro os cadáveres de varios millonarios e máis tarde os restos do barco que, a case 4000 metros de profundidade e separados en catro partes, están dispersos por un vasto campo de coral. A proa está recoñecíbel e relativamente ben conservada, con moitos interiores preservados; en contraste, a popa está completamente arruinada. 

As tentativas dos submarinistas do Estado de traer á superficie o prestixio afundido da monarquía española están a resultar tan infrutuosos como os de emerxir o Titanic. A nave foise desintegrando progresivamente erosionada polos microorganismos que habitan os fondos mariños.

Comentarios