Opinión

Outros nomes

[María Obelleiro] 

Ao nome de Emilio Lozoya, Juan Camilo Mouriño e 'Pa-chi Lucas' súmanse outros que tamén teñen vinculación co pre-sidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo. É o caso de José Manuel Carrera Panizzo e mais o de Carlos Roa. Todos teñen un nexo común: a empresa estatal Petróleos Mexicanos, Pemex. Os últimos nomes en coñecerse son os de Carrera Panizzo e Roa, quen aparecen nas investigacións sobre unha operación vinculada á petroleira.Feixoo continúa coa mesma estrate-xia: nega os contactos e faino malia que hai mesmo fotografías que o sitúan, en calidade de presidente da Xunta, tanto con Lozoya como con Carrera Pani-zzo e Roa. De feito, Carrera Panizzo foi a cara visíbel de Pemex cando se anunciaron os floteis e cando se asegurou que se construiría flota auxiliar da petroleira mexicana nos estaleiros galegos. Nada máis se soubo, alén do sobrecusto de 20 millóns que México comprobou nun dos floteis. E Feixoo, a pesar das evidencias, négao.

Comentarios