Opinión

Os outros antivacinas

[Xesús M. Piñeiro]

Os ingresos das rendas máis pobres da Galiza caeron en case 20% coa pandemia do coronavirus e 34% da poboación galega está nunha situación de dificultade económica máis que preocupante. A pandemia dispara a desigualdade en todo o mundo, tamén na Galiza, como vén de pór de relevo o estudo elaborado por investigadores de varias universidades, entre elas a de Oxford.  

A pandemia dispara a desigualdade mais o suxeito da frase poderían ser moitos ao longo de todas estas décadas. A crise de 2009 dispara a desigualdade, as reformas laborais disparan a desigualdade, as novas modalidades de emprego disparan a desigualdade... 

Mentres nestes tempos de coronavirus estamos a debater sobre se estamos despedindo a terceira onda para dar a benvida a unha cuarta ou xa estamos na cuarta ou por fin vemos a luz ao final do túnel da Covid... a outra vaga, a da desigualdade, persiste e insiste. A vacina para isto non vai vir de laboratorios. Mais, como na pandemia orixinada por un virus, na pandemia da desigualdade tamén hai os que están en contra dunha vacina. E son perigosos.

Comentarios