luns 23/11/20

Ourense

[Xesús M. Piñeiro]

Con 105.000 habitantes, Ourense concentra 475 casos activos de Covid-19. A que é a terceira cidade da Galiza triplica a taxa de infeccións do resto da Galiza. O surto de Ourense principiou hai semanas e as medidas adoptadas polo Goberno galego, que continúa a se negar a facer públicas as  cifras da pandemia por concellos, non conseguiron frealo até o de agora.

A decisión de prohibir xuntanzas públicas e privadas que non fosen de persoas convivintes é das máis duras adoptadas no Estado desde o inicio da denominada ‘nova normalidade’. O Comité de expertos avaliará nas próximas horas a eficacia desta medida na loita contra a Covid na cidade e decidirá se aplica ou non actuacións máis restritivas.

A situación en Ourense é unha oportunidade para se preguntar se na Galiza se están a facer ben as tarefas no proceso de desconfinamento, para nos preguntar que se pode mellorar e centrar así aquí as miradas e análises que por momentos semellan centrase en exclusiva nunha cidade a 600 km de distancia.

comentarios