Opinión

Os porqués

E n relación ao rebrote da Mariña fican dúas preguntas chave por responder. A primeira delas, por que é posíbel fechar A Mariña e non se confinou Madrid cando era o punto centrifugador de coronavirus ao resto do Estado? E a segunda, por que Feixoo fecha A Mariña só por cinco días cando a corentena por coronavirus está estabelecida en 14 días? A resposta á primeira delas é ideolóxica: por ser Madrid o berce do españolismo e por enviar unha mensaxe clara aos Gobernos territoriais, sobre todo ás nacións sen Estado, de subordinación a España.

A resposta á segunda é electoralista: evidentemente, para Feixoo prima o interese electoral sobre a saúde pública. Así se explica que tardase tanto en decretar o fechamento da Mariña. Quería urnas si ou si, malia que as persoas expertas alertaban dos rebrotes. Casado xa deu onte o aviso a navegantes: é máis seguro votar que tomar un café nun bar. E isto a pesar da dimensión do rebrote e de que a Xunta da Galiza carece dun protocolo que lle faga fronte. Feixoo amosa máis unha vez a súa irresponsabilidade. Continúa a minimizar o problema, a agochalo e a improvisar

Comentarios