Opinión

Oremos!

[María Obelleiro]

A Consellaría de Educación mantén concertos con 227 centros educativos. Un total de 112 son de titularidade relixiosa, isto é, un de cada dous. Ademais, os únicos cinco que seguen a segregar o alumnado por sexo tamén teñen concerto coa Xunta da Galiza. Á vista destes datos cabería preguntarnos pola aconfesionalidade do Estado español e tamén onde fica a igualdade. Son cifras que non resultan doadas de atopar, ao igual que o importe millonario -case 300 millóns de euros- que este ano dedica a Consellaría de Educación a estes colexios.

Máis unha vez, no canto de manter aulas abertas no ensino público e de baixar ratios, o Goberno galego aposta na privatización. O diñeiro público debería ser destinado a mellorar as condicións do ensino público, e non a sufragar a educación segregada por sexo, como acontecía no franquismo, que aínda seguen a practicar cinco colexios. A Galiza merece un ensino público de calidade, dotada de recursos suficientes e no que o fenómeno relixioso teña cabida nas ciencias sociais. Optar por polo ensino confesional é un dereito individual que non pode ser sufragado con diñeiro público.

Comentarios