Opinión

Oportunidade perdida

[María Obelleiro]

O PP e o PSOE aliáronse no Parlamento para botar abaixo a batería de propostas presentadas polo BNG para abaratar o recibo da luz, que aumentou un 353% a respecto de hai exactamente un ano. A chave do non de PP e PSOE está, sobre todo, no seu rexeitamento a unha tarifa diferenciada para a Galiza. As medidas adoptadas polo Consello de Ministros non son suficientes para resolver un problema estrutural que discrimina as galegas e galegos: vivimos nunha nación rica en electricidade, na que as grandes compañías -que ademais pagan impostos fóra- espolian os recursos naturais e que, aínda así, sofre o encarecemento da factura. Os elevados custos sociais e medio ambientais ninguén nolos compensa.

Curiosamente, o presidente de Aragón, Javier Lambán, do PSOE, e o de Castela e León, do PP, Alfonso Fernánde Mañueco, téñense pronunciado a favor dunha tarifa diferenciada para os territorios produtores de electricidade. O desleixo de Feixoo ao respecto é tal que ningún membro do seu Executivo estaba presente no hemiciclo no momento do debate do paquete de medidas.

Comentarios