Opinión

O Sr. Débedas

[María Obelleiro]

Resulta curioso como o Partido Popular repite os mantras do seu argumentario contrario ao Goberno español. O mesmo que tanto fixo, e segue a facer, co Goberno bipartito que precedeu a primeira etapa de Alberto Núñez Feixoo en San Caetano. Agora é a quenda da débeda, de acusar Pedro Sánchez de meter "un pufo" á cidadanía. Non se arrubia Feixoo ao dicilo a pesar de que o vendido polos medios de comunicación próximos ao PP como "o gran xestor" resultou un come-diñeiro público ao longo dos seus tres Gobernos, até o punto de triplicar a débeda pública na Galiza -como ben saben non para investir máis en servizos públicos, que sufriron sucesivos recortes-.

Segundo os datos do Banco de España, Feixoo iniciou o primeiro dos seus mandatos, en 2009, cando a débeda pública ascendía a 3.900 millóns. A día de hoxe, a cifra chega a 11.700, o que significa que o "gran xestor" xerou unha débeda de máis de 7.700 millóns. Alén deses case 12.000 millóns recoñecidos como débeda, a Xunta afronta compromisos de pagamento até 2040 por valor de máis de 2.000 millóns, consecuencia das "colaboracións público-privadas", aqueles eufemismos cos que o PP esconde a privatización, como foi o caso do financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentarios