Opinión

O retorno

Juan Carlos I non regresa a España polo nadal, mais o rei emérito si volve asinar a felicitación natalicia da casa real. Desde a súa residencia de Abu Dhabi, onde fuxiu no verán de 2020 para distanciarse de posíbeis escándalos de corrupción, o emérito asina a felicitación de nadal de la Zarzuela canda a súa esposa, Sofía.

Unha nova que engadir á de que o Goberno español e a propia Zarzuela estaban a procurar unha casa acaída para que Juan Carlos I poida vivir cando regrese de Abu Dhabi. Segundo uns medios, esa casa sería unha residencia patrimonio do Estado español e segundo outros, un ‘palacete’ en Portugal. O que todos dan por feito é que o emérito vai volver en breve.

E que volva o emérito, ou que a mesa do Congreso vetase en non poucas ocasións as iniciativas que pedían un debate na Cámara lexislativa sobre os puntos ‘escuros’ de Juan Carlos I, sitúannos outra vez no punto de partida: a monarquía española como intocábel. O que volverá ficarnos claro cariño a todos e todas cando Juan Carlos volva pasear por España.

Comentarios