Opinión

O que arde

[Xesús M. Piñeiro] 

Galiza perdeu 8.000 hectáreas de terras de cultivo en 2019. Entre 2013 e 2016 foron 34.000 hectáreas, 5% da superficie agraria do noso país. Desde 1985 até inicios deste século foron 265.000 as hectáreas de superficie agraria útil que perdemos. Só 24% do territorio galego ten uso agrícola fronte ao promedio de 35-40% de países da nosa contorna europea. Falamos de hectáreas perdidas, o que supón falar tamén de destrución de sectores produtivos, eucaliptización ou desertización do rural.

O eucalipto hai tempo que deixou de ser unha simple especie máis, co seu lugar nun monte ordenado e a súa función económica, para representar unha maneira de entender o rural galego que pasa polo seu esquecemento e o abandono como mundo vivo e activo.

O discurso ‘madeirista’ da industria foi asumido acriticamente pola Administración galega, que se converteu en valedora dunhas políticas forestalistas que están tras esa mudanza: superficie agraria abandonada para ser ocupada pola floresta, nomeadamente, o eucalipto.

Comentarios