sábado 26/09/20

O Fuxitivo

Nin feita para Xoán Carlos I parece a letra da canción de José Alfredo Jiménez: “No tengo trono ni reina, ni nadie que me comprenda, pero sigo siendo el rey” 

Durante máis de cuarenta anos,  amparado por sucesivos gobernos que nunca quixeron iniciar unha investigación sobre as andanzas reais, o monarca foi modelo impune de corrupción. Un rei eleito por un ditador que chegou a la Zarzuela en  febreiro de 1963, despois de catro meses de viaxe de noivos a bordo do iate Eros (ollo ao nome). Nese mesmo ano a cadea de televisión ABC estrea unha serie, que se emitiu durante catro temporadas e foi recreada por Harrison Ford en 1993, titulada O Fuxitivo. Cincuenta e sete anos despois da chegada a La Zarzuela o fuxitivo, coa axuda de toda a estrutura do Estado que o protexe, é o Borbón. O pacto de silencio segue a funcionar. O emérito non foxe de nada, dise,  xa que de nada está acusado. Nin estará porque a corte criada durante 40 anos segue intacta e o rei, aínda que emérito, segue sendo o rei. E como na canción, a súa palabra é lei.

comentarios