Opinión

O bosque que vén

[Xesús M. Piñeiro]

O novo Plan Forestal vén con defecto de fábrica, esa factoría que determina –segundo denuncian ecoloxistas e colectivos sociais desde hai anos–, as políticas da Xunta para o monte galego. Máis eucaliptos, máis piñeiros e menos árbores autóctonas, lamenta a rede de sindicatos, asociacións e entidades que está a dar o debate social sobre un plan que nace sen diálogo nin consenso. "Por un monte galego con futuro", defenden.

O plan forestal da Xunta, advirten, fai unha diagnose ficticia da situación do monte galego a partir dun inventario forestal irreal e desfasado, fomenta o monocultivo e responde a intereses produtivistas e de carácter privado, para alén de alentar a desaparición dos montes veciñais en man común. O debate sobre o deseño para o monte galego permite ampliar o foco para o debate sobre o deseño do país. En ambos os casos as preguntas son as mesmas: a quen beneficia e ao servizo de quen está, que futuro implica e quen está a participar na súa elaboración. O que dá unha idea de canto nos xogamos.

Comentarios