Opinión

O anuncio

[X.M.Piñeiro] 

Núñez Feixoo deu o si quero e anunciou que volverá ser candidato do PP á presiden-cia da Xunta, a cuarta vez que dá este paso. Informou da decisión ao día seguinte de convocar as eleccións ga-legas e fíxoo como el gosta: no hotel compostelán que elixe para as grandes ocasións e rodeado de cargos do PP que non pararon de trasladarlle o seu fervor pola decisión tomada.

Emocionouse Feixoo e pronunciou un discurso inzado de referencias a Galiza e de promesas de que sería "o presidente de todos os galegos e galegas". O presidente das cero transferencias para Gali-za en dez anos de goberno, o da desapa-rición das caixas, o do 'decretazo' para a lingua galega, o dos 'floteis' para o naval ou dos recortes en sanidade e no ensino, o da lei de 'depredación ambiental' ou o da complicidade perante unha precarie-dade en aumento e unha emigración cro-nificada. "Son Alberto Núñez Feixoo e as galegas e os galegos saben o que poden esperar de min ", dixo no anuncio da súa candidatura. Efectivamente, sabémolo.

Comentarios