mércores 19.02.2020

O adianto

O anuncio da convocatoria de eleccións vascas para o 5 de abril supuña a xustificación perfecta para Feixoo: facer coincidir os comicios, como veu acontecendo nas catro últimas citas electorais da Galiza e de Euskadi. Porén, Feixoo vai da man dos vascos principalmente por dúas razóns. A primeira, a el interésalle. O presidente da Xunta manexa enquisas que certifican o desgaste da súa acción de Goberno, ateigada de medidas impopulares, entre as que destacan os recortes nos servizos públicos, sobre todo, na sanidade. Ademais, colle por sorpresa parte da oposición: racha co debate de se deben concorrer PP e Ciudadanos xuntos e failles dispoñer de menos tempo para armaren as súas candidaturas aos partidos herdeiros da Marea, que aínda non decidiron a fórmula baixo á que concorrerán ás eleccións galegas, e a Vox. A segunda razón compártea con Urkullu: distanciar o posíbel a cita galega e vasca cos comicios cataláns.

De novo, como era previsíbel, as eleccións convócanse en función dos intereses electorais do PP, e non da Galiza

O adianto
comentarios