luns 30/11/20

Non vale

[Xesús M. Piñeiro]

A Xunta soubo do que acontecía na residencia de maiores de Salvaterra hai apenas 2 semanas e por medio dunha denuncia. Unha resposta de Núñez Feixoo, a preguntas de Nós Diario, coa que tentar botar balóns fóra na "situación inhumana" dentro do xeriátrico intervido pola Administración galega, onde a carencia de material básico de protección e coidados, a falta de organización e a sobrecarga de traballo impiden non só o cumprimento dos protocolos oficiais, tamén a atención adecuada das residentes.

Mais esa resposta non val, señor presidente. A Xunta coñecía as deficiencias da residencia de Salvaterra desde 2017, como informou este diario. A central sindical CIG leva denunciando a situación do xeriátrico desde hai tres anos. A Xunta, pois, coñecía ta anto "atención deficiente" como o exceso de traballo do persoal. E nada se fixo. 
A pandemia ispe como o modelo de xestión de residencias impulsada nesta década polo Goberno galego fai augas: privatización, recortes e precariedade. 

comentarios