Opinión

Non somos neutrais

[María Obelleiro] 

A Pastoriza foi o escenario dun novo caso de asasinato machista, o símbolo máis brutal da desigualdade. A lexislación non só nos atribúe ás xornalistas unha función informativa ao respecto. Tamén nos empraza a concienciar a sociedade para erradicar o que debera ser unha cuestión política de primeira orde. A información sempre debe ser imparcial, mais como xornalistas non podemos ser neutrais fronte á violencia de xénero, ao igual que non o somos fronte a outras cuestións que afectan aos dereitos humanos.

Temos o deber de transmitir unha imaxe das mulleres non estereotipada e de sermos motores de mudanza cara a unha sociedade sen discriminacións por razóns de xénero. Por iso traballamos, e queda moito por facer, nun xornalismo feminista, isto é, con perspectiva lila. Un xornalismo valente que, cada día, e non só ao seguinte do asasinato dunha muller, denuncia e protesta contra as múltiples facianas da violencia machista, tamén a contra as menos visíbeis.

Comentarios