xoves 28.05.2020

Non se moven

[X.M. Piñeiro]

O ministro de Sanidade anunciou oficialmente esta sexta feria que Galiza pasaba á Fase 2 do proceso de desconfinamento. Extraoficialmente, tamén lle transmitiu ao conselleiro de Sanidade que ese avance non ía acompañado da autorización para ter unha libre mobilidade dentro do territorio galego. Unha negativa que non se xustifica en criterios  sanitarios  e que si causa prexuízos familiares, económicos e sociais.

A unidade básica de desconfinamento continúa a ser a provincia porque así o decidiu o Estado e de aí non se move. Unha metáfora dunha visión centralista do 'mando único' que se resiste a desaparecer malia os  anuncios de co-gobernaza.

En Alemaña os lander teñen capacidade non só de xestión senón tamén de decisión a respecto de como afrontar a crise de coronavirus. Igual que acontece cos estados que conforman Estados Unidos. E no Reino Unido tanto Escocia como Gales e Irlanda do Norte teñen os seus propios plans e follas de ruta, independentes dos marcados por Londres.

Aquí, non se pode ir de Padrón a Pontecesures porque así se decidiu a 600 quilómetros. E de aí non se moven.

comentarios