Opinión

Non hai vergoña

[María Obelleiro] 

Milleiros de persoas participaron da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo en Compostela. Milleiros de persoas que experimentaron, por si mesmas, o deterioro do sis-tema público de saúde, nomeadamente, da Atención Primaria, con agardas de até 15 días para poder acceder a unha consulta. Non por acaso os servizos de urxencias están a sufrir colapsos.

No canto de dedicar máis investimentos para reforzar a Atención Primaria, o Goberno de Feixoo trata de deslexitimar a masiva protesta -mesmo acusando as promotoras e promotores de “politizar”- e trata de calar as críticas con anuncios como o da nova figura de facultativo especialista en Atención Primaria, que esperta o rexeitamento de boa parte do persoal sanitario. Porén, os or-zamentos de 2022 evidencian as prioridades da Xunta. A Atención Primaria recibe menos diñeiro que en 2021: 1.389 millóns. As derradeiras contas do Goberno bipartito dedicaran 1.436 millóns, cantidade que se eleva a 1.619 de atendermos á suba do IPC. Fronte a esta realidade, non caen os concertos para a privada.

Comentarios