[María Obelleiro]
A finais do ano pasado había na Galiza 61.636 persoas que recibían atención á dependencia das 70.092 que teñen aprobado o servizo. Así, case 8.500 galegas e galegos agardan no limbo á espera de reci-biren un servizo ao que, por lei, teñen dereito. En comparación coa media do Estado español, practicamente todos os indicadores relativos á dependencia amosan un retroceso na Galiza, territorio onde, ademais, as pensións son máis baixas. A isto hai que engadir o atraso, de até nove meses, na tramitación das valoracións de dependencia.
Á espera pola concesión das prestacións séguelle a do acceso ás residencias, po-las que poden chegar a esperarse anos. A axuda para que a persoa dependente acceda a un recurso privado é cativa en relación ao custo das prazas. Neste con-texto, penalízase as persoas dependentes e mais as súas familias, principalmente as mulleres, sobre as que recae o traballo dos coidados. É preciso máis investimen-to para contar con recursos que fagan efectiva unha lei fica en papel mollado.