Opinión

Nada de investigar

[Alberte Mera]

Como xa pasara coas solicitudes de distintos partidos políticos no Congreso español para investigar os escándalos e acusacións de corrupción sobre a familia Real e en especial do rei emérito Juan Carlos I; os dous grandes partidos do Estado español, PP e PSOE, volveron onte evitar unha outra comisión de investigación na Cámara Baixa.

Trátase desta volta da comisión de investigación que solicitaron forzas soberanistas e da esquerda estatal para botar luz sobre o escándalo das espionaxes co programa israelita Pegasus. Mais PSOE e PP non deixaron nin levar a debate a propia creación desta comisión. Baixo cadeado, ademais, cos votos da ultradereita, que tamén evitou que nin se queira se puidese chegar a falar da iniciativa.

O Lexislativo, en democracia, non debe ter cancelas para os debates nin deixar iniciativas sen voz. E menos aínda cando se trata dun escándalo de tan grandes dimensións como a espionaxe a representantes do pobo e que ao tempo, pon en cuestión de novo a calidade democrática do propio Estado. Afloran as cloacas. Investíguese e depúrense responsabilidades, por democracia.

Comentarios