Opinión

O nacionalismo necesario

A idea fundamental da Asemblea Nacional axendada polo BNG para o 28 de febreiro

A idea fundamental da Asemblea Nacional axendada polo BNG para o 28 de febreiro é a vixencia do nacionalismo como un proxecto estratéxico para a Galiza. Esa convicción vertebrou os debates nas asembleas comarcais decorridas estes días nas vésperas da convocatoria da asemblea polo Consello Nacional. O nacionalismo é necesario e ten que xogar un papel relevante na construción dunha sociedade distinta, orientada cara á soberanía plena. A partir de aí, vaise abrir un debate que, de acordo co propio desenvolvemento das asembleas comarcais, se albisca moi intenso e participativo.

Vaise abrir un debate que, de acordo co propio desenvolvemento das asembleas comarcais, se albisca moi intenso e participativo

Sería un erro centrarmos toda a atención no asunto da fórmula de concorrencia ás eleccións galegas de outono, mais tamén o sería minimizar este aspecto da cuestión. Os recentes acontecementos en Madrid -todo o debate sobre a falida constituición do grupo parlamentar de En Marea- veñen pór de relevo unha evidencia: o nacionalismo galego precisa de proxectos e de referentes que actúen como tales, a cara descuberta, perante a sociedade. En todos os ámbitos, tamén no electoral.

O debate, cando aberto, sempre é fecundo. O BNG faría ben en repensar e reactualizar o nacionalismo, sintonizar cunha sociedade en permanente estado de mudanza. Ese é o desafío.

Comentarios