Opinión

Montes

Os montes veciñais en man común son unha institución tipicamente galega, que tamén hai no oeste de Asturias, oeste de León e Zamora, e Portugal coa denominación de baldios, Nela, o monte é dos veciños e de ninguén máis. Os montes veciñais, en comunidade romana ou xermánica, perténcelles aos veciños e contribúen ao colectivo en diferentes vertentes: social, económica e ambiental. Galiza conta con perto de 3.000 comunidades de montes que xestionan máis de 700.000 hectáreas de monte veciñal, en aproximadamente 250 concellos.

Por iso a nova de que o Goberno do Estado, recorrendo a unha disposición da Lei de Costas de 1988, queira ter a propiedade daquelas zonas de monte comunal situadas dentro do dominio público marítimo terrestre anoxa ás comunidades de montes en man común.

De trasfondo, como denuncian estas organizacións, as consecuencias da falla dunha lexislación axeitada a esta realidade, algo que si posúen en Portugal. “A pesar de que os montes veciñais en mán común non son de titularidade públicas nin privadas, enón comunitaria,  a constitución española e as leis derivadas dela sitúanos na categoría de montes de titularidade privada”. E daqueles ventos, estas tormentas.

Comentarios