Opinión

Momento de nos marabillar

[Xoán Costa]

A Declaración Universal de Dereitos Humanos completará 74 anos da súa proclamación o próximo 10 de decembro, unha cifra moi próxima á esperanza de vida dos 8.000 millóns de persoas que habitamos o planeta neste 2022. Para o secretario xeral da ONU, António Guterres, “é o momento de nos marabillar dos avances en saúde que alongaron a esperanza de vida ”.

Ora, vivir máis non é vivir mellor. No mundo avanzan a pobreza e as desigualdades e na Galiza máis de medio millón de persoas, unha de cada cinco, ten serias dificultades para chegar a fin de mes. Retrocedemos en dereitos logrados con grande esforzo ao longo dos derradeiros cen anos.

Os Gobernos, o Galego tamén, inviste nos máis ricos, restaurando un novo sistema feudal en que os señores se resgardan detrás dos muros do IBEX35 e os vasalos fan cola ás portas do INEM. Iso si, manipulando o significado das palabras para nos transmitir  a idea de que as medidas son necesarias para reforzar o sistema. Non parece este o mellor momento para nos marabillar.

Comentarios