Opinión

Miña casiña, meu lar

[Xesús M. Piñeiro]

"Miña casiña, meu lar, ¡cantas onciñas de ouro me vals!” escribira Rosalía hai por volta de 140 anos. Uns versos que en 2021 cobran un significado pleno: Os prezos da vivenda na Galiza pisan o acelerador, cun incremento de 5,8%, punto e medio máis que a media estatal. E a isto hai que engadir que Galiza lidera a suba do prezo do alugueiro no Estado.

Temos pois, un problema coa vivenda no país onde hai perto de 300.000 vivendas baleiras. E onde hai un problema, alguén debería de tentar dar unha solución e esa responsabilidade tócalle, así son as cousas, ao Goberno.

Mais na Galiza as cousas non son así. A  construción de vivendas de promoción pública (VPP) atópase en mínimos históricos. Segundo as cifras máis recentes achegadas polo Instituto Galego de Estatística (IGE), entre 2010 e 2020 a construción de vivendas destas características baixou 86,2%, pasando de 2.261 ás 313 do ano da pandemia. Entre 2010 e 2020 construíronse na Galiza 5.597 vivendas protexidas, 52,8% menos que nos catro anos do Goberno de coalición PSdeG-BNG. Aliás, só tres de cada mil vivendas gozan do réxime de protección, fronte a unha de cada dez no conxunto da Unión Europea. A quen lle botará a culpa disto o presidente?

Comentarios