Opinión

Meirás, con M de Memoria

[Xesús M. Piñeiro]

E ncarreirada, en principio, a devolución ao público do Pazo de Meirás o debate céntrase agora en torno a que usos dar a un espazo de tanto simbolismo. 

Desde a Xunta, e a través do seu conselleiro de Educación e Cultura, xa deixaron albiscar a súas proposta: un espazo que co argumento de reivindicar "a forza creativa da muller" non contempla sitio para a memoria histórica.

A Xunta pro devolución entende que o Pazo de Meirás non é un espazo calquera, que ten unha historia e un significado. A plataforma, na que participan institucións fundamentais para a recuperación do pazo, acordou a creación dunha mesa aberta a diferentes achegas para definir a xestión das torres como ben público mais a súa dedicación á memoria histórica e ás vítimas do franquismo.

"Os 37 veráns que pasa alí Franco non se poden esquecer”, apunta o historiador Carlos Babío. E menos un tempo de banalización, cando non defensa, do franquismo por parte de sectores da dereita que, desde logo, non son residuais.

Comentarios