luns 30/11/20

Medidas sen alternativas

[X. M. Piñeiro]

A extensión da pandemia da Covid na Galiza requiría medidas máis contundentes e restritivas das adoptadas até o de agora. A suba nos contaxios (108% de incremento desde 14 de outubro) e o incremento da presión hospitalaria obrigaba o Goberno galego a mover ficha, máxime cando no resto do Estado e Europa levaban días anunciando propostas e actuacións para facer fronte a unha preocupante propagación do virus.

Núñez Feixoo anunciou medidas como o feche da hostalaría. Medidas que tamén se están a adoptar noutras partes de Europa. Mais a diferencia destas, faino sen contemplar axudas ou programas de apoio económico aos sectores afectados polas restricións.

Fiel ao seu estilo, o presidente gabouse na súa comparecencia de que “volvemos ser ‘avanzadilla’ dentro das comunidades” na loita contra a Covid. A ausencia dun compromiso económico cos sectores máis afectados pola pandemia, as opacidade en todo o que teña a ver cos rastrexadores ou a falla de reforzos sanitarios na loita contra o virus só son 3 exemplos que a afirmación de Feixoo é, cando menos, discutíbel.

comentarios