Opinión

Máis unha república

[Xoán Costa]

O mundo ten desde onte máis unha república, a República de Barbados, independizada do Reino Unido en 1966, embora coa raíña de Inglaterra como xefa de Estado e renacida república parlamentar en 30 de novembro de 2021. Cun IDH moi alto, unha renda per cápita por enriba dos 18000 dólares, formou parte do dominio español desde o século XV e foi colonia inglesa desde os primeiros anos do século XVII.

Nomeada Barbados non se sabe ben por quen nen por que, esta illa na que moran menos de 300.000 persoas é a república máis nova do mundo.

Visto desde a Galiza, non deixa de resultar simbólico que sexa un 30 de novembro - xa antes fora, en 1966, o día da independencia – a data marcada para se declarar república. Porque ese é o día que na Galiza, segundo os usos tradicionais, se toma como referencia para os caseiros arrendadores de terras e casas pagar a renda ou mudar de amo.

En Barbados decidiron mudar de amo e non ser caseiros de ninguén. Se cadra vai sendo hora de ir aprendendo algo.

Comentarios