Opinión

Máis e menos

Unha das liñas de comentario na noite eleitoral poñía a vista na coincidencia de composición do Parlamento, con tres forzas políticas ordenadas de igual maneira, entre as terceiras eleccións con Fraga como candidato, en 1997, e as de 2020 con Feixoo por cuarta vez. É evidente que aí finalizan as similitudes. A Galiza de 1997 era unha Galiza con máis poboación, con máis industria, con máis importancia dos sectores agrícola e pesqueiro, con máis presenza do galego no ensino. E a composición do Parlamento, con tres forzas presentes desde 1993, mantívose nas eleccións de 2001, 2005, 2009 e só en 2012 o Parlamento deixou de ser tripartito, pasando a catro forzas durante esta lexislatura e a seguinte de 2016.

A Galiza de 2020 que vai gobernar Feixoo durante catro anos é unha Galiza máis envellecida (25% de maiores de 65 anos en 2020; 15% en 1997), coas pensións máis baixas do Estado, con máis sanidade privada, con máis ensino privado, con máis débeda pública, con máis desemprego. Unha Galiza afirmada tres veces no slogan eleitoral, mais negada na realidade cotiá, con menos autogoberno e máis dependencia do Estado

Comentarios