Opinión

Máis do mesmo

[María Obelleiro]

Galiza vai ben, a culpa de todos os males é do Goberno estatal e a súa xestión á fronte da Xunta foi "exemplar". Feixoo non saltou o guión no discurso da sesión de investidura no Parlamento. Tanto ten que os surtos de coronavirus se estendan por numerosos puntos do territorio, que os casos positivos se disparen nas residencias, que o número de falecementos coa Covid-19 se subise a 644 e que haxa 160 persoas hospitalizadas, 17 en UCI.

Para Feixoo e o PP, a sanidade e a política social, mellor, privatizada. Non por acaso puxo como exemplo do bo facer en materia sanitaria o novo hospital de Vigo, un dos emblemas do modelo denominado, de maneira eufemística, de colaboración público-privada. Tampouco foi casualidade que non anunciase un cambio de sistema na xestión das residencias. Cómpre advertir que a mortalidade nas residencias privadas suma 45% do total de defuncións da Covid-19 e que as públicas concentran 1% de falecementos.

Nada dixo de reclamar novas transferencias. Para que? Ao final, teima en botar balóns fóra e non desenvolver as competenciasque xa ten.

Comentarios