Opinión

Mafia

[María Obelleiro]

Á marxe da cuestión futbolística, a viaxe do C.F. Fuenlabrada á Coruña, tendo entre os membros da súa expedición casos positivos na Covid-19, resulta unha temeridade. Semella que todo o que se move ao redor da Liga vive fóra da lei. Por que sabendo o sábado a existencia de contaxios previos entre persoal do clube permitiron que a expedición viaxase na segunda feira pola mañá nun avión? Por que se hospedaron casos positivos nun hotel? Acaso as directrices do Ministerio de Sanidade en relación a unha enfermidade de declaración obrigatoria non se lle aplican ao negocio do fútbol?

Na mañá de onte o Consello Superior de Deportes aínda non recibira o informe que lle solicitou á Liga para saber se se cometera unha neglixencia. Falamos de casos positivos nun clube deportivo que, dada a grave imprudencia cometida, podería provocar un brote na Coruña. Como o diñeiro manda, o ultradereitista que manexa os fíos do fútbol español quere que o partido adiado se xogue o 30 de xuño, mais o protocolo di que os contactos estreitos con casos positivos deben ficar 10 días illados nos seus domicilios. As contas non dan

Comentarios