Opinión

Madrileñofobia

[Xesús M. Piñeiro]

Os debates xa hai tempo que foron substituídos pola simple "polémica por polémica", aparecendo e desaparecendo sen dar respiro. O destes días é sobre a 'madrileñofobia', termo cociñado na capital do Estado e que en cuestión de horas -brigada mediática mediante- fíxose omnipresente. Até Núñez Feixoo, temeroso de ser acusado de cómplice da 'madrileñofobia', saíu loando Madrid e desexando un bo desembarco de madrileños á Galiza por seren "turistas de maior valor engadido" (sic). Feixoo volveu, máis unha vez, falar para dúas audiencias: a da casa e a de Madrid.

Para a da casa puxo o traxe de presidente, que non ten moi gastado, e pediu medidas que garantan que non haxa 'avalancha' de visitantes de territorios en peor situación epidemiolóxica que na Galiza. Algo que non debeu de pensar moito cando decidiu convocar eleccións o 12-X.

Para a de Madrid, puxo a garabata de sempiterno candidato a xogar no campo estatal, esta si moi gastada, e adulou até arroibar a urbe epicentro do poder político, mediático e económico, que non é o mesmo que a cidade. Once anos leva co mesmo xogo a dúas bandas

Comentarios