Opinión

Madrid, Madrid, Madrid

[Xoán Costa]

Os dicionarios definen slogan como unha frase curta, orixinal e impactante, perdurable no tempo para dar a coñecer o atractivo dunha marca coa finalidade de mostrar os beneficios principais que a diferencian de outra para crear no consumidor unha necesidade de compra. Poucos conseguen ese efecto e nalgún caso a durabilidade no tempo é ben cativa, con resultados, ás veces, contrarios ao que pretendía promover. 

Lembrades aquel slogan do PP nas eleccións xerais de 2019 que presentaba Casado como "un valor seguro"? Xa se viu... 
Outros atinan mellor. Aquel "Galicia é moito" das eleccións de 2020 ten hoxe plena vixencia: Galiza é moito máis pobre, moito máis dependente, con moito máis  desemprego e emigración moza e Feixoo, na súa fuxida, muda o "Galicia, Galicia, Galicia" por "Madrid, Madrid, Madrid, pedazo de la España en que nací", o chotis con letra de Agustín Lara. Ou se cadra é o outro Madrid, o que canta Dani Martín no álbum La montaña rusa: No encuentro mi lugar / Madrid, Madrid, Madrid / Te extraño, ooooh / Te extraño / Te extraño, ooooh.

Comentarios