Opinión

Luz

O Ministerio de Transición para a Ecoloxía elaborou un proxecto de orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade que resultan de aplicación a partir do 1 de xuño de 2021. Hai voces que xa advirten que a aplicación do proxecto tal e como está actualmente vai penalizar o consumo doméstico e determinadas actividades económicas con forte implantación na Galiza como son as pequenas explotacións gandeiras, ou as PEMES. Os fogares galegos poderían ver incrementada a súa factura anual da luz, alertan, entre un 14% e un 32% debido a esa nova regulación do sistema de tarifa,  pois, entre outras cousas, reduciríase de 14 a 8 horas a franxa horaria máis barata que se aproveita para a carga de acumuladores e termos eléctricos.

Ao tempo, os datos adiantados no seu día do Informe do Sistema Eléctrico do 2020 de Red eléctrica española (REE) indicaron que Galiza exportou o ano pasado o 29,2% da enerxía que xerou.

Hai algo que non cadra entre esas dúas noticias. E iso que “non cadra” prexuízos, para galegos e galegas.

Comentarios