Opinión

Lobos

Xoán Colazo 

A reacción da Xunta de Galiza á proposta estatal de protección do lobo semella máis guiada pola estratexia de confrontación partidista ca pola racionalidade. Como entender que sexa a propia Directora Xeral de Patrimonio Natural a saír á palestra con argumentos furibundos demonizando o canídeo? Amais, os dados din que nin hai máis lobos nin a caza é eficaz para diminuír os ataques á cabana gandeira.

Mellor farían con deixar de botar leña ao lume e de persistir en modelos de xestión caducos que prolongan o conflito. Esta sobreactuación irresponsábel de fomentar os baixos instintos, a desinformación e solucionar os problemas a canonazos é vella e non leva a ningures. Débese procurar a convivencia entre a fauna salvaxe e a poboación rural con múltiples medidas: compensacións rápidas e xustas, sistemas preventivos de protección do gando, educación... E, ante todo, debe a Xunta abandonar unha política na que non só non se protexe o lobo senón que tamén acaba coas persoas das aldeas.

Comentarios