Opinión

O libro de horas de Feixoo

[Xoán Costa]

Sen dúbida o acto político máis relevante deste cinco de setembro, día en que a Igrexa Católica celebra a festividade de San Alberto de Tortona, que chegou a Santo por curar un neno mudo da importante familia dos Malaespiña, é a toma de posesión de Alberto Núñez Feixoo, por cuarta vez, como presidente da Xunta.

Vén a conto a mención ao santo porque o próximo Presidente da Xunta permaneceu mudo, de palabra e de oficio, perante todas e cada unha das reivindicacións e conflitos que aconteceron na Galiza durante os pasados doce anos e, de repente, soltouse a falar e a lanzar promesas para os próximos catro. Iso si, reivindicando a submisión da Galiza a España e auto-proclamándose "representante do Estado na Galiza" despois de afirmar que el e o seu partido "son españois e cren na nación española"; que é crente, máis que ninguén, no Estatuto e que ten fe na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía, a súa "guía permanente de actuación". Eses son os seus libros de horas.

Comentarios