Opinión

Libre mercado amañado

[Alberte Mera]

Que fácil resulta para as grandes compañías defender o libre mercado, a competencia e a privatización de servizos e empresas públicas, sobre todo porque nin elas mesmas se someten a esas regras do libre mercado "en igualdade de condicións" senón que, aproveitándose do oligopolio existente na cúspide empresarial española, pactan entre elas para facerse coas licitacións públicas ao mellor prezo. 

Hai unhas semanas Nós Diario abría a súa edición informando de que o conglomerado de firmas capitaneado pola construtora FCC facíase coa construción do viaduto do Castro caído na A-6 con 25% por baixo do licitado polo Estado. Mais a realidade supérao todo, e hoxe os datos que este xornal achega son demoledores: Dragados, FCC -si, outra vez-, Ferrovial, Acciona, OHL e Sacyr partillaron información de forma fraudulenta rebentando as sacrosantas leis do mercado e da competencia. Amañaron e alteraron concursos de obra pública por valor de 670 millóns na Galiza, prexudicando o resto de compañías e abusando do contribuínte. Que fácil é vivir e enriquecerse no mercado libre cando son tan poderosos que non cumpren as leis que para o público defenden. 

Comentarios